Horarios das Farmacias do Barrio

Aquí presentamos a lista con tódolos horarios das Farmacias presentes no Barrio da Sagrada Familia, Os Mallos e Estación. Ademais, tamén se inclúen aquelas Farmacias que se encontran a unha relativa proximidade do barrio e algunha outra, cuio horario é bastante amplo.
Para consultar a lista:
As Farmacias aparecen pola súa localización (rúa e número). Se premes enriba de cada unha, terás a situación en plano.
A dereita de cada unha delas aparecen os horarios dividios en "Luns-Venres", "Sábados" e "D/F" (Domingos/Festivos).
As filas que poñen "I" corresponden ó horario de Inverno, que vai dende Setembro a Xuño, ambos incluidos. As filas que poñen "V", corresponden ó horario de Verán, Xullo e Agosto. (Hai pequenas diferenzas entre as Farmacias no que respecta a cando empeza e remata o horario de Inverno e o de Veran. Normalmente, estas diferenzas son de apenas uns días).
Aquelas Farmacias que dispoñen dun horario máis amplo do habitual, aparecen coloreadas; estes horarios máis amplos aparecen coloreados e subliñados.
Cando apareza "**", quere dicir que non se puido saber o horario da Farmacia.
Aquí só aparecen os horarios habituais das Farmacias, algunha delas aberta todo o día e incluso algunha, ata a madrugada. Pero non aparecen as Farmacias de Guardia nin para o día nin para a noite. Para consultar as Farmacias de Guardia na provincia da Coruña, fai click aquí. Escolle municipio, día e dálle a buscar.
***Calquera cousa que queiras engadir ou comunicarnos algún erro, escribe a barriodosmallos@gmail.com














