__________________________Recomendacións - Publicidade Gratuita____




__________________________Recomendacións - Publicidade Gratuita____

12/05/08

A Policía de Barrio estará en marcha este mércores

A Concellería de Seguridade Cidadá presentará oficialmente a reorganización do corpo da Policía Local, cuxa principal novidade será a creación de patrullas cidadás que traballarán a pé polos distintos barrios da cidade. Pese a que a presentación oficial será mañá, en realidade os axentes comezarán a desempeñar as súas novas funcións a partir do mércores e cunha implantación que se prevé paulatina.

A limitación de axentes obriga a implantar o servizo pouco a pouco. O plan, deseñado para cando se incorporen novos axentes, divide en principio a cidade en zonas de varios barrios. Desde o Concello solicitouse á Xunta que axilice a nova lei autonómica de Policía Local, que permitirá convocar novas prazas. O primeiro obxectivo do plan que se presentará mañá é que os cidadáns noten de inmediato a presenza da Policía Local nas rúas, que se familiaricen cos axentes e que estes sirvan de canle de información para o resto de servicios.

*Le a noticia completa no xornal: Diario Qué!

Falamos deste tema no blog en varias ocasións, para botarlle un vistazo fai click aquí.

10/05/08

Maratón de Lectura en Galego

Co motivo da celebración do Día Das Letras Galegas, este Centro Cívico Municipal organiza en conxunto con diversas entidades deste barrio, o "VII Maratón de Lectura en Galego". Deste xeito queremos facilitar a participación cidadá na conmemoración deste día. Presidirá o Maratón, Javier Losada de Azpiazu, Alcalde da Coruña, e abrirao Isaac Díaz Pardo. Ó finalizar, ás 20:30 hs. concerto de "A Caricia da Serpe", grupo de poesía musicada, formado entre outros por Lino Braxe e Miguel Ladrón de Guevara.

O acto terá lugar o día 13 de maio no salón de actos do centro cívico municipal Os Mallos, en horario de 17:00 a 20:30 hs. Consistirá na lectura pública por parte da cidadanía durante un minuto dun fragmento dun texto dun autor ou autora: Xosé María Álvarez Blázquez (a quen se dedica este ano este día), Luz Pozo, Manuel Rivas, Lino Braxe, Castelao... do seu autor favorito, ou dun texto de creación literaria propia.

Todas as actividades do Centro Cívico para as próximas semanas, incluidos os actos das letras galegas, aquí.

"Lisgraf.com"

Calle Vizcaya, 36 - 2º [Ver Plano]
Teléfonos: 881 898 728 - 656 337 206
e-mail: infolisgraf@yahoo.es

Ofrecemos un servicio integral en publicidad: maquetación y diseño gráfico, diseño web, imprenta, serigrafía, tampografía, regalo publicitario y promocional, textil laboral y textil publcitario. También hacemos reparto publicitario. En nuestra web podrá encontrar más información y visitar nuestro catálogo on line.

Lisgraf Servicios Publicitarios es el nombre comercial de un emprendimiento familiar que se gestiona básicamente desde la web: http://www.lisgraf.com. Momentaneamente no tenemos atención al cliente, gestionamos los servicios desde la web, telefónicamente, ó le visitamos, si así lo desea el cliente.


9/05/08

Rótulo a punto de caer na Ronda de Nelle



Información facilitada por M.Anibal.

8/05/08

Agresión no Ambulatorio dos Mallos

Unha enfermeira do centro de saúde dos Mallos foi agredida o martes por un paciente de avanzada idade, que perdeu a paciencia pola espera dunhas análises. A enfermeira non quixo denunciar os feitos á policía, e lamentou que non houbese persoal de seguridade no centro.

Comezou a insultala e chegou a darlle un gran empurrón co que a intimidou. A enfermeira solicitou ao agresor os seus datos persoais pero el negoullos. Despois da agresión o home entrou na consulta do seu médico de cabeceira coma se non sucedera nada.

Este venres terá lugar ás 12.00 horas unha concentración nos Mallos para esixir que se tomen medidas contra a violencia nos centros de saúde públicos.

El Ideal Gallego.
Foto Diario Qué!

Actividades no MACUF

O Museo de Arte Contemporánea UNION FENOSA MACUF) convoca a X Mostra Internacional UNION FENOSA. Poderá tomar parte nesta Mostra, cunha soa obra, cualquera persoa física sen máis limitación que as impostas pola legalidade vixente.
http://www.macuf.es


Inauguración de exposición

Yo Blythe, Vidas de plástico.
Terá lugar o venres, día 9 de maio, ás 20:00 horas no MACUF.

"...Chámanse Blythe e son algo máis que bonecas. Son o síntoma dun cambio de paradigma, o reflexo dun cambio de gusto que marca unha nova era, unha era que xa non fará distincións claras entre a arte genuino e a arte de masas..."

O Sábado 10 de Maio, de 17:00 a 21:00 h. as artistas e as diseñadoras Naiara Moncada (Nanuka), Neus Perales (Pícara) e Nerea Pozo (Keera) impartirán un taller práctico de customización no MACUF.

Máis información en: www.macuf.com

7/05/08

Os alumnos do Puga Ramón na Torre de Hércules

Os alumnos, profesores e persoal non docente do IES “Puga Ramón” (próximo a Estación de FF.CC.) participaron esta semana nun acto de apoio á declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade. A actividade consistiu nunha concentración e unha aperta simbólica á Torre, no que participaron preto de 400 estudantes e profesores do centro educativo.

Posteriormente, o alumno José Antonio Parga, secretario da xunta de delegados, deu lectura a un manifesto no que afirma que “hoxe é un día especial para todos nós, xa que con esta simbólica aperta queremos aportar o noso gran de area en apoio ao nomeamento da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade”.

Foi estraño presenciar un acto de apoio á cidade e non ver a ningún representante municipal para sacarse a foto, as autoridades políticas da Coruña non quixeron estar presentes no acto, xa que segundo fontes da Diputación, os mozos tiñan que ser "os únicos protagonistas do evento".

Xornal.com
Foto: El Ideal Gallego

6/05/08

Rehabilitación da Sagrada Familia

Un total de 102 veciños da Sagrada Familia presentaron unha solicitude de axuda para rehabilitar as súas vivendas ou edificios no mes que leva aberto o prazo marcado pola Concellería de Rehabilitación e Vivenda. A convocatoria está aberta a todas as rúas do Área de Rehabilitación Integral.

Ademais, antes do verán comezarán as obras de urbanización que impulsará o Concello para renovar o aspecto xeral do barrio. Melloraranse as beirarrúas, as calzadas e o resto de espazos públicos como a xardinería, e actuarase sobre alumado, saneamiento e rede de telecomunicacións. Será, segundo López Rico, "un gran impacto visual" para un barrio que estaba "moi deteriorado".

El Ideal Gallego

5/05/08

E se saímos a tomar algo?

Se falamos de bares, cafeterías, mesóns e restaurantes poderíamos non acabar nunca! Todos coñecemos no barrio os grandes puntos de encontro, aqueles que sempre están cheos de xente tomándose un cafeliño (aquí si se cumple aquilo de ZP, moitos bares manteñen o prezo do café por baixo dos 0,90€), un vermú e o cada vez máis habitual entre os nosos bares, un "pincho" cortesía do establecemento. Estos pinchos van dende algunha tapa (tortilla, ensaladilla, callos, embutidos, etc.) ata un interesante prato de patacas fritidas, aceitunas ou froitos secos. Cervecerías ou bares de sempre, moitos incluso "compiten" a ver quen da máis fútbol e con maiores medios; as pantallas xigantes e as novas televisións de plasma son as habituais inversións deste locais para atraer ós veciños. Nalgún dos bares do barrio pódese ver todos os partidos, incluso de equipos minoritarios ou extranxeiros. Nos últimos tempos apareceron novos locais de "marcha", algúns deles etiquetados por moitos como "alternativos", que trouxeron a música en directo ó noso barrio.

Pódese comer de todo e con variedade de prezos en calquera punto do barrio. Menús dende 6€, pratos combinados e racións a partir de 4€, bocadillos e hamburguesas a moi bó prezo (temos unha das hamburgueserías con maior sona da cidade, está fronte a Audiencia e as colas para pedir son moitas veces escandalosas), pizzerías (é xa célebre a da Ronda polo seu 2x1 en pizzas), tamén podes atopar no barrio locales con comida chinesa, thailandesa, xaponesa, hindú e algunha que outra nacionalidade que se nos escapa. E dentro das especialidades, destacan as parrilladas dedicadas ó churrasco e por suposto, o pulpo: temos as pulpeiras máis famosas da cidade, a escasos metros unha da outra na Ronda de Outeiro, Melide e Arzúa compiten por levarse a clientela, e non son as únicas, ata 3 ou 4 pulpeiras máis temos pola mesma zona.

Sabías que no barrio podes tomarte un chocolate con churros a calquera hora do día? Pois sí, temos unha "chocolatería" que cada vez ten máis xente, entre Ramón Cabanillas e Eusebio da Guarda, é o único local de hostelería deste tramo da rúa San Vicente que nos últimos anos consegueu converterse nun éxito de xente case a diario.

E así podo ir rematando este resumo sobre o que se pode atopar no barrio, saíu un texto non demasiado curto a pesar de que non contei nin o 1% do que se debería. O mellor é que saiades a pasear polo barrio e descubrilo vós pola vosa conta, non permitades que pechen os negocios porque son os que lles dan vida ás nosas rúas, e se de algo podemos presumir no barrio, é do excepcional movemento e ambiente que temos por aquí.

4/05/08

Vídeo: O Concelleiro explica a pasarela peonil da Sardiñeira

Foi no programa "Coruña al día" de Localia e publicado na web do Concello o día 21 de Abril de 2008. Tamén referido ós Mallos, aínda que non sae neste vídeo pero si saíu nesa entrevista, é a reforma de Angel Senra que polo que parece, teremos novidades en próximas datas.

O canal de vídeo de mallos.es en youtube:
http://es.youtube.com/barriodosmallos

3/05/08

Unha gran plataforma enlazará os barrios da Cubela e a Sardiñeira

O eixo formado polas estacións de tren de San Cristóbal e a de autobuses, actualmente separadas por unha trincheira poboada de coches -a avenida de Alfonso Molina á súa entrada e saída da cidade-, converterase nun dos deseños estelares na revisión do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. O informe previo propón aproveitar a chegada da alta velocidade a San Cristóbal «para facer unha serie de actuacións e cambios que deberían ir máis aló da mera adecuación á entrada do AVE».

Os grandes beneficiados por este novo cambio serían os barrios da Sardiñeira e toda a contorna da praza de San Cristóbal e os de Catro Camiños e a Cubela, que dispoñerían dun novo espazo de reunión e encontro en áreas nas que precisamente non hai un superávit dese tipo de equipamientos.

Así, a plataforma prevista, afirma Joan Busquets, «consegue crear unha nova fronte-fachada de San Cristóbal cara ao casco urbano, acorde coa dimensión desta nova porta de acceso á cidade e xera unha base sobre a que é posible levantar edificios de uso residencial e terciario, complementarios da estación, potenciadores do carácter central deste lugar».

Le a Noticia Completa no xornal:
La Voz de Galicia.

Edificio Aliko




Na Sardiñeira, aparece este espectacular edificio (Aliko) visible desde boa parte da cidade.

"Está construído onde antiguamente habia unha conservera que se chamaba igual. O nome da rúa, Avda. da Sardiñeira vén desa antiga fabrica de salazóns.
" http://www.skyscrapercity.com

2/05/08

Os Mallos xa ten Festival de Vídeos Musicais

O "Chaflán" é un dos bares con maior éxito do barrio, a maior parte das veces é difícil atopar un rincón onde poñerte para tomar algo pero iso si, vale a pena visitalo. Ten moi bó ambiente, hai diversión, pero se algo diferencia a este bar dos demais é a súa capacidade para organizar eventos coa única finalidade de pasar un bó rato entre todos. Este ano organizouse un "Festival" de vídeos musicais feitos polos propios clientes e membros do bar, estes vídeos colgánse en internet para que todos os poidan votar i elexir así ó vencedor do "MallosVisión". Aquí tedes algún dos vídeos que podes atopar neste "Festival":

Podes ver todos os vídeos no Canal de Vídeo en Youtube "MallosVision". O "Chaflán" atópase na praza Monforte, zona xulgados.

Información facilitada por Moalva.

A Festa das Letras Galegas na Biblioteca

A actividade xirará arredor dos contos:

* O caracol Remoldiño de Xoán R. Cuba publicado por Xerais
* A Banda de Vilacendoi de Xulio Gayoso publicado por Kalandraka
* Chibos chibóns de Olalla González publicado por Kalandraka

Recollida de invitacións na biblioteca dende o sábado día 3 de maio. Repártense 60 invitacións por sesión e un máximo de 4 por persoa.

Sesións, Martes 6 de Maio:
1ª sesión comeza ás 18.00 h.
2ª sesión comeza ás 19.15 h.

30/04/08

Busquets coloca a Intermodal en San Cristóbal

As liñas mestras do novo Plan Xeral ideado por Busquets sitúan na Estación Intermodal de San Cristóbal o eixo da movilidade e as comunicacións na cidade. Alí, coa chegada do AVE, os coruñeses atoparán case todos os medios de transporte (buses, taxis, bicicletas, tranvía). Ademais, Busquets pretende enterrar as vías do tren a altura da avenida da Sardiñeira e sobre elas crear unha «gran alfombra verde», dando un novo espazo para os cidadáns.

Según o urbanista Busquets, hai poucas cidades nas que estea tan ben colocado o ferrocarril e parece que na Coruña non está mal. Busquets está satisfeito coa ubicación da actual estación de trens de San Cristóbal, polo que augura unha fácil transformación da mesma en Intermodal.

Un espazo que terá que aunar todo tipo de transportes públicos para que conecte aos viaxeiros con todas as partes da cidade, xa que o AVE ten un radio de acción de dúas horas, o que obrigará a mellorar todos os servizos da Coruña. Universidade, hospitais ou comercios serán, dixo, as demandas dos que vengan doutros municipios no tren de alta velocidade.

Busquets quere crear un "centro da cidade" en cada barrio, e o elexido para o noso será a Intermodal de San Cristóbal.

Fonte:
El Ideal Gallego
20Minutos
ADN.es

Tarxeta Cliente Amigo en Abril

O 04.857 foi o número premiado con cheques de compra por valor de 350€.

O 60.616 foi o número premiado con cheques de compra por valor de 150€.

O 54.520 foi o número premiado con cheques de compra por valor de 25€.

Estes cheques de compra os poderás utilizar en calquera comercio asociado ó Distrito Mallos. Comproba se coincide con algún dos números da túa Tarxeta.